· Novas · 1 min de lectura
Covelus Aerospace está agora cualificada como IEBT (TR340D, Xunta de Galicia)!
Covelus Aerospace está agora cualificada como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), un paso clave cara á robótica aberta e multidominio, os UAS e a Edge AI.
Dende hoxe estamos cualificados como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica, este é un paso clave cara ao noso obxectivo: robótica aberta e multidominio, sistemas aéreos non tripulados (UAS) e intelixencia artificial a bordo (Edge AI), deseñados e construídos en Galicia para mercados B2B globais.
Grazas á Fundación Roberto Rivas pola súa valiosa axuda, ó magnífico equipo da Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC) da Universidade da Coruña tamén pola súa axuda e o seu informe de validación, ó IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e á Xunta de Galicia.
